jueves, 30 de marzo de 2017

SEMANA DE CRARTE

A semana do 13 ao 17 de marzo, desenvéronse os talleres de Crearte na Escola de Vilameán, aos que asistiron por quendas as diversas escolas do Cra, para vivir experiencias xuntos.


  O LUNS 13 foi o turno das Escolas de AMORÍN, AURORA e VILACHÁN, que realizaron 3 talleres creativos talleres: un de mandalas con elementos naturais, outro de creación de estrructuras e un de murais con estampación.





O MARTES 14 xuntáronse o SEIXO 3 e TABORDA, que fixeron un  taller de cociña a partir do conto "A casiña de Chocolate" e outro relacionado coa phehistoria.






















O MÉRCORES 15 foi o turno das escolas de ESTÁS, VILAMEÁN e CARREGAL, que gozaron dunhas sesións de movemento e vivencias creativas.






O XOVES 16 xuntáronse FIGUEIRÓ e o SEIXO 2 e  realizaron divertidos talleres de movemento e experimentación.




 E o VENRES 17 foron o SEIXO 1, BARRO e FORCADELA, que levaron a cabo un taller de area e minimundos, experiencias coa luz e un contacontos.








Nestes días de convivencia, os cativos e cativas disfrutaron moito con compañeiros/as doutras escolas do Cra que non ven a miúdo, e pasárono xenial, xa están desexando repetir !!

2 ABRIL: DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

O 2 de Abril, celébrase o Día Mundial da Concienciación do Autismo, na biblioteca do CRA podedes atopar unha selección de materiais relacionados co autismo.
Celebrade con nós este día "pintade o voso corazón de azul".

miércoles, 8 de marzo de 2017

Xa temos caixas novas na biblioteca

Iris, a mascota da biblioteca, conseguiu cinco novas caixas sobre os nosos amigos os bechos. Se queredes conseguilas, xa sabedes, pasade pola biblio!!!

Libro "El monstruo de colores". Códigos QR.

Captura os códigos QR para traballar as emocións.

jueves, 2 de marzo de 2017

O ENTROIDO NO CRA !!

O pasado Venres 24 de Febreiro, reunimonos todas as Escolas do CRA no Seixo para celebrar o Entroido.
Tivemos diversos xogos: hinchable, photocoll carnavalesco e  xogos con globos e aros; tamén houbo baile, unha rica merenda .... e para rematar o día ... O GRAN DESFILE DE ENTROIDO !!!
Nel cada unha das aulas luciu os seus expléndidos disfraces confeccionados de maneira conxunta entre mestres, alumnado e familias.
A temática foron os Bechos, posto que neste curso estamos estudando en profundidade este tema.
Polo que no noso desfile se puideron
ver: , FORMIGAS, MOSCAS, BOLBORETAS, RAS, ABELLAS, LIBÉLULAS,  E XOANIÑAS.
MIRADE QUE GUAPIÑOS E GUAPIÑAS IBAMOS!!