martes, 25 de abril de 2017

CONVIDÁMOSVOS A UNHA REPRESENTACIÓN DE TÍTERES !!

O vindeiro XOVES 27 de ABRIL as 17:00 HORAS , con motivo do Día das Letras Galegas, no SEIXO haberá unha REPRESENTACIÓN DE TÍTERES a cargo dos Mestres/as do Cra.
 Non a perdades, esperámosvos a todos e todas !!

PRANTAMOS ÁRBORES !!

Onte todas as Escolas do Cra fomos ao Río da Pedra a prantar árbores; e pasamos un día moi divertido, en convivencia co resto do Cra e rodeados de natureza.

jueves, 20 de abril de 2017

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DO CRA

Familias, con motivo do Día do Libro,  dende o MÉRCORES 19 de ABRIL ata o XOVES 11 de MAIO, na Biblioteca do Cra teremos contacontos de pais/nais e mestres a partir das 16:30 horas.
Animádevos e acercádevos ata a biblioteca, para pasar un momento agradable e divertido cos vosos nenos e nenas.
Aquí tedes o calendario dos contacontos que haberá :