xoves, 18 de maio de 2017

ESTADES INVITADOS AO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Mañá a partir das 9:30 horas, teremos na ESCOLA DA AURORA o FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS, no que actuarán diversas escolas do Cra.
Ademáis, tamén se realizará ás 12:00 horas, a  CARREIRA SOLIDARIA GOTAS PARA NÍXER,  animádevos a patrocinar aos vosos nenos e nenas.
Non vos perdades este día de Celebración, agardámosvos !!


EXCURSIÓN Á EXPOSICIÓN 50 ANOS CON FRATO

O pasado Martes 16 de Maio, fomos de excursión a Pontevedra a ver a Exposición de Tonucci, onde os nenos e nenas disfrutaron moito, xa que puideron manipular e experimentar con multitude de materiais.





Podedes ver a noticia do xornal no seguinte enlace:

http://www.comarcasnarede.com/index.php/baixo-mino/item/7038-escolares-do-ceip-manuel-garces-de-tomino-xogan-na-exposicion-da-deputacion-sobre-tonucci

xoves, 11 de maio de 2017

DE EXCURSIÓN AO TEATRO !!

O pasado Mércores 3 de Maio, fomos todo o Cra de Excursión en tren ao Teatro a Vigo, a ver a obra "Gatuxa".
Foi un día moi especial cheo de aventuras, no que o pasamos xenial, tanto os nenos e nenas, como o profesorado !!