Acudimos no seguinte orde:
Luns: Barro, Estás e Aurora
Martes: Seixo 2 e Figueiró
Mércores: Vilachán, Forcadela e Carregal
Xoves: Seixo 1, Amorín e Vilameán
Venres: Seixo 3 e Taborda.
Nesta ocasión e en colaboración coas familias que aportaron distintos materiais, pintamos e decoramos tellas, cús de botellas de plástico e creamos mandalas con tapóns. A idea é que os patios das distintas escolas se enchan de cores coa chegada da primavera.
Esperamos que vos guste!
Pasámolo xenial. Grazas Cris por resumilo de xeito tan fermoso.
ResponderEliminarSon uns artistazos! A creatividade está no ambiente. Bravo!!!
ResponderEliminar