mércores, 30 de xaneiro de 2019

"Día da PAZ"

Este curso no CRA, para festexar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, ademáis das distintas convivencias, realizamos unha intervención no Mercado municipal de Tomiño.
Cada familia aportou un frasco cun obxecto que podía representar un momento pasado especial no que o tempo se detivese ou ben un pensamento futuro, o cal lle gustaría ter tempo para facer ou repetir. O alumnad@ e profesorado plasmamos eses pensamentos por escrito en barquiños de papel.
Esta idea tan creativa e participativa xurde do equipo de biblioteca que xunto co resto do profesorado poñen en marcha a exposición no mercado, á cal estades todos convidados a visitar e participar.






Ningún comentario:

Publicar un comentario