venres, 30 de abril de 2010

Anxo Moure

O martes 27 de Abril, o Cra de Tomiño tivo unha visita moi especial, o "atrapacontos" Anxo Moure, fixo unha parada coa súa "ciclobiblioteca" nas nosas aulas.... Pequenos e Grandes disfrutamos coas súas historias...Pásamo-lo xenial e nos nosos corazóns quedaron os seus contos para sempre.


Así chegou á escola de Barro, onde os nenos de Vilameán, Barro, Taborda e Piñeiro o esperaban...


xoves, 29 de abril de 2010

CONTACONTOS


O xoves 18 de Marzo, os mais maiores do cole estivemos na Casa da Cultura de Tomiño...Alí, Sandra e Luis, que traballan nunha "fábrica de contos" que se chama Kalandraka, contáronnos moitos contos, que eran máxicos....

domingo, 18 de abril de 2010

PREMIO DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN

Neste curso o noso centro foi premiado polo ministerio de Educación por un proxecto creativo que fixeron os nenos e nenas da escola de Vilameán coa súa titora Mónica.
Está baseado na creación de distintas mamás con materiais e obxetos variados e pretende o desenrolo da imaxinación e a creatividade. Por iso, agora somos un " CENTRO EDUCATIVO CREATIVO " e como tal, estamos intentando seguir con este proxecto común noutras aulas.


xoves, 8 de abril de 2010