mércores, 30 de xaneiro de 2019

"Día da PAZ"

Este curso no CRA, para festexar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, ademáis das distintas convivencias, realizamos unha intervención no Mercado municipal de Tomiño.
Cada familia aportou un frasco cun obxecto que podía representar un momento pasado especial no que o tempo se detivese ou ben un pensamento futuro, o cal lle gustaría ter tempo para facer ou repetir. O alumnad@ e profesorado plasmamos eses pensamentos por escrito en barquiños de papel.
Esta idea tan creativa e participativa xurde do equipo de biblioteca que xunto co resto do profesorado poñen en marcha a exposición no mercado, á cal estades todos convidados a visitar e participar.






martes, 29 de xaneiro de 2019

PLAN PROXECTA " Aliméntate ben"

Dende onte luns, en todas as escolas do CRA estamos a repartir leite na hora da merenda, grazas ao Plan proxecta, dentro da modalidade "Aliméntate ben" (Leite escolar). Realizarase durante dúas semanas, aproveitaremos para investigar todo o relacionado co leite ( vaca, proceso de envasado, beneficios,....), así como actividades de medida, etc.
A tomar leite, muuuu!!!
Fai clik na imaxe para saber máis

sábado, 19 de xaneiro de 2019

"AS NOSAS ESCOLAS POR DENTRO"

Animádevos e vinde a coñecer as nosas escolas nas xornadas de portas abertas do 25 ao 28 de febreiro de 10:00 a 13:00 h. Pero antes un avance, esperemos que vos guste!!!.