mércores, 27 de setembro de 2017

CURSO PRÁCTICO DE PRIMEIROS AUXILIOS

Este martes 26 de setembro, pola tarde, tivemos o pracer de ter conosco ao doutor en mediciña e ciruxía; especialista en mediciña de familia e en anatomía patolóxica D. Jorge Cameselle que traballa en urxencias no PAC de Cangas e Moaña.
A súa ponencia práctica, tratou de cómo salvar vidas auxiliando de xeito inmediato ante unha situación de asfixia, atragantamento e de reanimación cardiopulmonar.
Tod@s @s mestr@s do CRA practicamos as distintas técnicas e disfrutamos aprendendo.
Grazas Jorge.










mércores, 20 de setembro de 2017

Novo patio das aulas do Seixo

Xa queda menos para disfrutar do novo patio do Seixo. Adiantamos unhas imaxes para que vexades como está quedando




xoves, 14 de setembro de 2017

COMEZAMOS!!

Dámosvos a benvida a toda a comunidade educativa!
Tod@s @s mestr@s temos as pilas cargadas para poñer en marcha o novo curso!
Irémosvos informando das diversas actividades e acontecementos que xurdan no noso centro ao longo dos días.
Grazas.