venres, 20 de setembro de 2019

DESPEDÍMONOS DO BLOG



Despois de varios anos empregando este BLOG como forma de comunicación e visualización do noso centro, tomamos a dificil decisión de pechalo para "ir cos tempos" e axustarnos ás demandas existentes e ofrecer un contido máis actual e inmediato. Deste xeito a partir de agora poderedes seguirnos igualmente a través das seguintes direccións:



Instagram do centro - https://www.instagram.com/cratominho/    (@cratominho)



PD- Algúns dos blogs seguirán funcionando temporalmente e o seu peche levarase a cabo paulatinamente.

Vémonos nas outras plataformas!


domingo, 23 de xuño de 2019

xoves, 20 de xuño de 2019

XORNAL ESCOLAR 2018/19

https://issuu.com/cris_novoa/docs/xornal_escolar_ordenador
FAI CLIK NA IMAXE

xoves, 13 de xuño de 2019

"Saída a Baiona"

Este mércores foi un día especial. Preparados con ansia por chegar a Baiona e visitar a Caravela, xogar no parque e o máis interesante bañarnos na praia!!. A mañá soleada acompañounos e tanto nen@s como profes disfrutámolo a tope.




xoves, 30 de maio de 2019

VOZ NATURA 2018/19


venres, 17 de maio de 2019

martes, 14 de maio de 2019

"DÍA DE REFORESTACIÓN"

Hoxe pasamos unha xornada no monte moi preto de Estás, onde reforestamos, visitamos fontes e desfrutamos da fermosa paisaxe"




xoves, 9 de maio de 2019

Concurso "Creando rural"

A escola da Aurora está de noraboa. Foron uns dos gañadores do concurso "Creando rural" co seu mural de reciclaxe.
O vindeiro mércores pasarán un fermosa xornada disfrutando de distintas actividades na granxa escola "Corazón de carballo" de Tomiño.



venres, 3 de maio de 2019

mércores, 24 de abril de 2019

"Día do libro"

Durante esta e a vindeira semana, na biblioteca do centro levaranse a cabo contacontos a cargo de familias e profesorado do centro. Grazas a tod@s pola súa colaboración e animámosvos a asistir!!!




mércores, 3 de abril de 2019

Saída á Guardia

O martes (Taborda, Vilameán, Seixo1, Vilachán, Forcadela, Barro e Aurora) e o mércores (Carregal, Seixo 2 e 3, Estás, Figueiró e Amorín) fomos de visita á Guardia. Percorremos o porto, a lonxa, o mercado e estivemos coas redeiras; tamén tivemos unha merenda mariñeira moi saudable.
Coma sempre pasámolo fenomenal.



martes, 2 de abril de 2019

domingo, 17 de marzo de 2019

sábado, 9 de marzo de 2019

"Día internacional da muller"

A partir deste venres 8 de marzo e durante quince días poderedes visitar no mercado de Tomiño a instalación coa que se quere homenaxear dende o Cra, a todas as mulleres do noso alumnado poñendo en valor o papel da muller.





luns, 4 de marzo de 2019

ENTROIDO NO CRA

Este venres festexamos o entroido facendo un desfile conxunto por  Tomiño co Cep Pedro Caselles. Ao remate acabamos de merendola e xogando no patio.
Xornada de convivencia estupenda e moi mariña....

xoves, 28 de febreiro de 2019

O MECO REMATA


mércores, 27 de febreiro de 2019

martes, 26 de febreiro de 2019

O MECO SIGUE....


luns, 25 de febreiro de 2019

MECO


venres, 22 de febreiro de 2019

"CHEGA O ENTROIDO"

O "meco" do Cra xa está moi ledo porque o entroido está preto. A primeira orde xa ten lista e espera que sexades uns artistas.


xoves, 21 de febreiro de 2019

Composteiros no CRA

Durante esta semana, en todas as aulas do Cra estanse a instalar composteiros, despois das charlas informativas.
Darlle as grazas a tod@s os que fixeron posible para que esta actividade se levara a cabo.

Fai click na imaxe para máis información.

domingo, 17 de febreiro de 2019

Semana de "CREARTE"

Durante esta pasada semana, fomos pasando pola escola de Vilameán (Aula creativa) todas as escolas en pequenos grupos para realizar as convivencias de "Crearte".
Este trimestre, ademáis de convivir e compartir experiencias, tivemos unha charla sobre "compostaxe" e creamos con barro individualmente, coa intención de que noutra vindeira sesión realicemos esculturas conxuntas e pintemos.
Aprendemos un montón e pasámolo xenial. Xa estamos á espera nas escolas da posta en marcha dos composteiros.




venres, 8 de febreiro de 2019

XORNADAS DE PORTADAS ABERTAS

"ANÍMATE A VISITAR AS NOSAS ESCOLAS"


mércores, 30 de xaneiro de 2019

"Día da PAZ"

Este curso no CRA, para festexar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, ademáis das distintas convivencias, realizamos unha intervención no Mercado municipal de Tomiño.
Cada familia aportou un frasco cun obxecto que podía representar un momento pasado especial no que o tempo se detivese ou ben un pensamento futuro, o cal lle gustaría ter tempo para facer ou repetir. O alumnad@ e profesorado plasmamos eses pensamentos por escrito en barquiños de papel.
Esta idea tan creativa e participativa xurde do equipo de biblioteca que xunto co resto do profesorado poñen en marcha a exposición no mercado, á cal estades todos convidados a visitar e participar.






martes, 29 de xaneiro de 2019

PLAN PROXECTA " Aliméntate ben"

Dende onte luns, en todas as escolas do CRA estamos a repartir leite na hora da merenda, grazas ao Plan proxecta, dentro da modalidade "Aliméntate ben" (Leite escolar). Realizarase durante dúas semanas, aproveitaremos para investigar todo o relacionado co leite ( vaca, proceso de envasado, beneficios,....), así como actividades de medida, etc.
A tomar leite, muuuu!!!
Fai clik na imaxe para saber máis

sábado, 19 de xaneiro de 2019

"AS NOSAS ESCOLAS POR DENTRO"

Animádevos e vinde a coñecer as nosas escolas nas xornadas de portas abertas do 25 ao 28 de febreiro de 10:00 a 13:00 h. Pero antes un avance, esperemos que vos guste!!!.