xoves, 26 de outubro de 2017

sábado, 21 de outubro de 2017

Sesión de "body paint"

Como xa sabedes a mestra Rebeca está esperando un bebé que se chamará "Olivia".
Onte venres, na escola de Barro, a especialista en body paint, Dna. Mariam Simón Antón, maquilloulle a barriga cun fermoso elefante.
Toda unha obra de arte!!
Grazas Mariam.

luns, 9 de outubro de 2017

CONVIVENCIA BIBLIOTECA

Dende o xoves pasado ata mañá martes, por mor de coñecer a nosa querida mascota da biblioteca "IRIS", estanse a realizar convivencias entre escolas.
As familias levan e recollen @s nen@s na escola do Seixo.
 Primeiro realizan unha dinámica de presentación entre eles, logo a profe Rebeca ensínanos a fermosa biblioteca do cra e preséntanos a Iris (os maiores xa coñecen doutros cursos pero os máis pequenos intentan adiviñar quen é). Posteriormente, merendamos e disfrutamos dese marabilloso e novo patio do Seixo.
Despois, preparámonos para ir ao mercado de Tomiño, onde nos mostrarán o que alí se pode mercar.
Voltaremos ao cole para despedirnos de Iris, pero.... por pouco tempo xa que ela estará esperándonos cos brazos abertos, as tardes dos luns, mércores e xoves para deixarnos prestados algúns contos e libros cos que deixaremos voar a nosa imaxinación.