luns, 24 de decembro de 2018

"Rematando trimestre"

Como remate deste 1° trimestre, no Cra, engalanámonos e festexámolo cunha convivencia de toda a comunidade educativa, na discoteca "Chamán".
A medida que chegaba o alumnado coas súas familias, faciamos fotos no photocoll preparado para tal fin; comprábanse libros infantiles e para adultos no "mercadillo" organizado polo equipo de biblioteca (todo un éxito) e todo elo amenizado con música.
Seguidamente estivemos moi atentos á obra de teatro "Un agasallo diferente", representada extraordinariamente polas mestras: Rocio, Rebeca, Natalia e Sara. Cantamos todos na pista a canción de "Marea de gente" e outras moitas baixo a coordinación da profe Rebeca.
Visualizamos un video co resumo acontecido deste trimestre do alumnado e por fin chegou a "Chocolatada con rosca" organizada pola anpa, que tamén sorteou unha cesta de nadal.
Como remate final, comemos gusanitos coas 12 campanadas de fin de ano e bailamos un montón. 
Un día espectacular, onde familias, alumnado e mestres desfrutamos xuntos. Grazas a tod@s.




domingo, 2 de decembro de 2018

"Visita ao centro de día"

Este mércores, as escolas de Seixo 2 e Vilameán visitaron o centro de día co gallo de pasar unha xornada de convivencia cos nosos queridos maiores.
Como tantas outras veces, resultou fantástica ,compartindo diferentes actividades lúdicas e amosándose amor e cariño mutuamente.
Ata a próxima.



sábado, 24 de novembro de 2018

"DÍA INTERNACIONAL DO NENO"

Este pasado martes, día 20 de novembro, alumn@s da escola de Forcadela e Barro, achegáronse ás instalacións do concello de Tomiño para conmemorar o día internacional do neno.
Xunto con alumnado doutros colexios da zona, a través dun pleno infantil, as voces dos máis pequenos fixéronse escoitar.
A proposta era loitar contra os "virus" (violencia, conflitos,....) cunha vacina que contén abrazos, bicos, respeto,....
Para máis información sobre o evento, deixamos estes enlaces

        Emisión "Aquí Galicía" (tvg)

luns, 19 de novembro de 2018

"CREARTE" en Vilameán

Esta pasada semana, como cada trimestre, achegámonos á escola de Vilameán para realizar xornadas de "Crearte".
Alí, ademáis de convivir, compartir e coñecernos un pouco mellor, levamos a cabo diferentes actividades:

  • Dinámicas de grupo para coñecemento mutuo.
  • Lectura do conto "Daniela pirata".
  • Talleres creativos:
  1. Figuras de barro con conchas.
  2. Pintado de táboas que servirán para decorar as escaleiras de acceso á biblioteca do Cra.
  3. Accesorios piratas/sereas
  • Dramatización ao son da música (piratas e sereas).
Os grupos ao longo da semana foron:
Luns: Barro, Estás e Seixo 3
Martes: Carregal, Seixo 1 e Aurora
Mércores: Vilachán, Taborda e Vilameán
Xoves: Forcadela e Seixo 2
Venres: Figueiró e Amorín.
Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos!!




venres, 5 de outubro de 2018

"Convivencias biblioteca"

Como xa informabamos, esta semana estivemos de convivencias nas aulas do Seixo para visitar conxuntamente a biblioteca do centro e a súa protagonista "Iris".
Aproveitamos para facer unha saída ao mercado, adicándolle a maior parte do tempo  "á pescadería ou peixería", xa que este curso estamos a investigar co proxecto do mar.
Darlle especiais grazas á "peixeira Ana" que nos ensinou algunhas clases de animais mariños e nós moi atentos tiñamos que tachalos no noso "caderno de campo"; tamén ao equipo de biblioteca e dinamización da lingua galega pola súa excelente organización.







sábado, 29 de setembro de 2018

CONVIVENCIAS "BIBLIOTECA"

Esta vindeira semana do 1 ao 5 de outubro, levaranse a cabo convivencias nas aulas do Seixo, visitando a "Biblioteca" do Cra e o mercado municipal.
 Realizaranse, entre outras actividades: presentación da mascota da biblio "Iris", lectura de contos, observación e normas do espazo común, entrega ao novo alumnado dos carnés,.......
Aproveitaremos a visita ao mercado municipal para a observación e recollida de información en canto aos produtos do mar (proxecto do centro neste curso).
Luns: Amorín, Carregal e Taborda
Martes: Vilameán, Barro e Seixo 1
Mércores: Seixo 2 e Seixo 3
Xoves:Estás, Figueiró e Vilachán
Venres: Forcadela e Aurora
O alumnado traerá ese día unha mochila xa que ao final da xornada levarán para a casa, o conto da biblioteca que eles elixan.
 
 
 
 
 
.

mércores, 12 de setembro de 2018

COMEZAMOS CURSO 18/19

Hoxe comezamos con moita ilusión as clases no CRA. Esperámosvos cos brazos abertos.

sábado, 23 de xuño de 2018

xoves, 21 de xuño de 2018

GRAZAS!!!

Dende o CRA queremos darvos as grazas polo voso esforzo na carreira de "Gotas para Níger", xa que se recaudaron 690,45€, cos cales Unicef suministrou unha bomba de auga manual, unha letrina completa e 12 packs de 3.500 pastillas potabilizadoras.
Bravo!!!

luns, 18 de xuño de 2018

martes, 5 de xuño de 2018

Este curso, no Cra estivemos a traballar co "patrimonio" do noso contorno dentro do proxecto de "Voz Natura".
Invitámosvos a visitar o mercado de Tomiño e ver o resultado.
http://tomino.gal/o-patrimonio-tomines-visto-a-traves-dos-ollos-dos-nenos-e-nenas-do-cra/

sábado, 19 de maio de 2018

mércores, 2 de maio de 2018

"Contacontos na biblioteca"

Hoxe remataron as sesións de contacontos na biblioteca do Cra.
 "Iris" estivo encantada con todos os que quixeron disfrutar dun rato de lecer escoitando aos marabillosos contacontos que por alí pasaron.
Moitíiíísimas grazas a todos os que fixeron posible a realización da actividade: nen@s, familias e mestras.


xoves, 26 de abril de 2018

Saída ao teatro en Vigo

Hoxe, todo o alumnado do cra fomos en autobús ata Vigo. Xogamos e merendamos no parque de Castrelos. Logo no teatro disfrutamos dunha fermosa obra de títeres, inculcando valores tales como compartir, a autonomía e a amizade.
Un día especial e cheo de ledicia.
http://www.estaquirot.com/es/jan-totlifan.php



sábado, 21 de abril de 2018

MES DO LIBRO

Estas vindeiras semanas, na biblioteca do Cra, teremos sesións de contacontos a cargo de varias mamis e mestras do cole. Aproveitamos para darlle as grazas pola súa colaboración.
Animamos a todas as familias, seguro que o pasades fenomenal!
 
 

venres, 20 de abril de 2018

CONVIVENCIAS EN VILAMEÁN (CREARTE)

Durante toda esta semana realizamos con todo o alumnado do Cra, convivencias en Vilameán. Alí, desenvolvemos a nosa creatividade, imaxinación e convivimos con outras escolas, coñecéndonos un pouco máis.
Acudimos no seguinte orde:
Luns: Barro, Estás e Aurora
Martes: Seixo 2 e Figueiró
Mércores: Vilachán, Forcadela e Carregal
Xoves: Seixo 1, Amorín e Vilameán
Venres: Seixo 3 e Taborda.
Nesta ocasión e en colaboración coas familias que aportaron distintos materiais, pintamos e decoramos tellas, cús de botellas de plástico e creamos mandalas con tapóns. A idea é que os patios das distintas escolas se enchan de cores coa chegada da primavera.
Esperamos que vos guste!






 






martes, 20 de febreiro de 2018

mércores, 14 de febreiro de 2018

No faro de vigo

A animación de onte martes de entroido levada a cabo polos mestres: Maribel, Noé e Martín na pranta de oncoloxía infantil do Álvaro Cunqueiro é noticia no faro de vigo.
De novo grazas.

martes, 13 de febreiro de 2018

Entroido con amor e sorrisos

O noso centro caracterízase pola educación emocional, entre outras.
 Hoxe tivemos tres embaxadores de luxo, transmitindo amor, ledicia e sorrisos aos nen@s de oncoloxía do Álvaro Cunqueiro. En colaboración con "Bicos de papel", realizaron actividades de contacontos, música e cancións.
Grazas Maribel, Noé e Martín.
Bicos para todos.

venres, 2 de febreiro de 2018

O ENTROIDO







martes, 30 de xaneiro de 2018

CONMEMORACIÓN "DÍA DA PAZ"

Este curso, para celebrar o día da Paz xurdíu unha iniciativa moi fermosa e orixinal. Para elo realizáronse convivencias entre as distintas escolas.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR, 
NO MERCADO DE TOMIÑO, O ATOPARÁS!!