martes, 27 de xuño de 2017

BOAS VACACIÓNS ! !


O Último día de clase, celebramos a Festa de Crearte, na que ti vemos: baile, diversos talleres (area, contruccións, pistolas de auga, trasvases, pompas, experiencias con luz, pesca ...), e para culminar ... Festa da Espuma!!!
Foi un día estupendo para despedir este Curso 2016/17 no que todos/as o pasamos en grande !
Agora toca coller forzas para o seguinte curso ... DISFRUTADE DO VERÁN, QUE TEÑADES UNHAS BOAS VACACIÓNS!!






ÉXITO DA CARREIRA SOLIDARIA !!

A Carreira Solidaria realizada o pasado mes de Maio, resultou todo un éxito, porque ademáis de disfrutala moito, conseguíronse máis de 700 Euros.




xoves, 15 de xuño de 2017

EXCURSIÓN A VILANOVA DE CERVEIRA

Onte fomos de excusión a Vilanova de Cerveira, onde xogamos á beira do río e nos bañamos no Parque da Auga.
Disfutamos moito, ademais como o día estaba tan caluroso, pasamos unha mañá moi fresquiña !!


xoves, 8 de xuño de 2017

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS !!

O Venres 19 de Maio, celebramos na Aurora o Festival das Letras Galegas: visitounos a Banda de Goián, tivemos actuacións de diversas aulas do Cra, unha rica merenda ao aire libre, e para rematar o día, a Carreira benéfica "Gotas para Nixer".
Foi un gran día !! 

AS NOSAS ESCOLAS NO MAPA !!

Este é o Mapa das nosas Unitarias distribuidas polo Concello.




REUNIÓN ALUMNADO DE 3 ANOS

Familias, informámosvos de que o MARTES 27 de XUÑO, ás 10.30 horas, teremos no SEIXO a REUNIÓN INFORMATIVA para o alumnado de nova escolarización no Centro e poderedes realizar a formalización da matrícula.
Esperámosvos!!

luns, 5 de xuño de 2017

BIBLIOTECA, O NOSO LIBRO SOBRE A PÍNTEGA






Como xa sabedes, este curso estivemos traballando o mundo dos BECHOS, e a BIBLIOTECA tamén quixo unirse!!!IRIS a macota da biblio propúxolles elaborar un libro sobre a píntega. Todas as escolas participaron e o resultado foi espectacular. ANIMÁDEVOS A VER O VÍDEO E COMPROBAR TODO O QUE TRABALLARON AS NOSAS NENAS E NENOS.