luns, 27 de xuño de 2016

BOLETÍN INFORMATIVO ANUAL (ANPA)

Dende a ANPA Volvoreta queremos informar sobre as actividades levadas a cabo neste curso 2015/2016 co obxectivo de promover a participación das familias nun espazo común e á súa vez colaborar nas actividades educativas do C.R.A Mestre Manuel Garcés sempre pensando no ben común d@nos@s nen@s.

Neste curso os alumn@s matriculad@s no CRA son 150, dos cales 102 son socios. Por unitaria aporcentaxe é a seguinte:

AMORIN………....66,7%
AURORA………...87,5%
BARRO……….... .69,2%
CARREGAL …….…75%
ESTÁS ………......61,5%

O feito de ser socio da ANPA leva consigo unha serie de beneficios, en excursións do C.R.A, actividades extraescolares e obradoiros organizados pola ANPA ó longo do curso e tamén descontos en diferentes comercios de Tomiño que colaboran coa asociación. É por suposto a participación na educación dos nos@s fill@s.

FIGUEIRÓ ……….69,2%

FORCADELA …….100%
SEIXO 1 ………....78,6%
SEIXO 2 ……….......31%
SEIXO 3 ……….......60%
TABORDA……….. 100%
VILACHÁN ……..42,85%
VILAMEÁN ………...72%

PRIMEIRO TRISMESTRE:
Organizamos as actividades extraescolares, as subvencionadas polo Concello e as propostas pola ANPA.
Lotería do Nadal e sorteo dunha cesta para o cal contamos coa colaboración de varios establecementos de Tomiño.
Aportamos e repartimos a merenda, asamos castañas para todos os nen@s na festa do Samaín.
Aportamos e preparamos a merenda para todos os nen@s na festa de nadal do C.R.A.
Obradoiro e Contacontos interactivo no Nadal. Merendamos todos xuntos!

SEGUNDO TRISMESTRE:
Obradoiro de Pascua
Aportación na excursión de Indina Bill
Colaboración na excursión de EQUIGALIA
Organizamos a visita dos hixienistas para todas as unitarias. Houbo unitarias que por decisión dos titores non participaron. Agradecemos a colaboración da Clínica Dental Ignacio de Tomiño.
Este ano decidimos aportar material didáctico e de xogo para todas as unitarias baseándonos no criterio dos tutores, (MOITAS GRAZAS!)

TERCEIRO TRISMESTRE:
Coa intención de seguir coa “Escola de nais e pais” organizamos unha charla sobre nutrición, alén de colaborar co Concello mediante a Mesa de Anpas e a través do CEM implicándonos tamén nas realizadas polo Concello na Semana da Educación, Saúde, etc...
Este ano seguindo a línea do ano pasado para dinamizar a biblioteca do CRA voltamos a organizar as xornadas de contacontos. Contamos con varias mamas as que queremos agradecer a súa participación.SEN ELAS NON PODERÍA LEVARSE A CABO!!!
Tamén tivemos un taller de cociña dirixido pola profe MIRTA e coa colaboración das seguintes profes:REBECA, MERCHI, TERE, LETI E MARIA para elas so podemos ter palabras de agradecemento e sentirnos en débeda, moitísimas grazas polo voso tempo e esforzo. SODES AS MELLORES!!!
En especial tamén agradecemos moitísimo ao equipo de profesores que para celebrar o día do libro tan amablemente nos deleitaron a todos cunha pequena obra de teatro. “ESTIVESTES XENIAL” é incrible poder contar con vós incondicionalmente. ¡¡¡MOITAS GRAZAS!!!
Velaí unha pequena mostra da magnífica posta en escena. “ QUE VEN O LOBO”
Para rematar este curso animadamente tivemos un contacontos no que interactuaron nenos e pais.Realizouse tamén unha pequena manualidade para os nenos.
SON O MAIS GUAPO”
25 de Maio
Pequenos e maiores participamos. Foi unha tarde chea de risas!!!!
“Dona Carme”
03 de Xuño Grazas a todas as nais, cremos que como experiencia foi divertidísima, aínda se escoitan os ruidiños dos animais e por suposto as risas que botamos.

Este ano decidimos colaborar cunha actuación na festa de fin de curso que organiza o CRA.
En canto os arranxos das unitarias, estivemos en contacto co Concello comunícandolle as deficiencias, a pesares de que quedan moitas cousas por facer pouco a pouco dende o Concello arranxaron algunhas necesariasÉ importante sinalar que se marcou xa dende o ano pasado unha ruta de traballo en canto a desbroces e desratización que este ano se levou a cabo por parte do Concello cunha notable melloría. Agradecemos por suposto a atención prestada e instamos a que sigan traballando nos pendentes durante as vacacións.
Cousiñas pendentes que queremos informar:
De cara a setembro queda organizada unha clase de balde de presentación de Danzapilatesmindful…. Co obxecto de que coñezades esta actividade e poder valorala como actividade extraescolar para o vindeiro curso posto que neste curso funcionou moi ben e imos propoñela para o curso 2016/2017.
Tamén nos gustaría comunicar que estivemos organizando unha visita a policia local / protección civilde Tomiño pero por cuestións de axenda do CRA foi imposible levala a cabo este ano e falouse codirección para estudar a súa realización para o vindeiro curso.
Desexándolles un bo verán, despídese a directiva da Anpa Volvoreta.
…………………………………………………………………………………………
Deixamos este espazo para todo aquel que queira anonimamente facernos
chegar calquera crítica constructiva ou propostaDepositar no Buzón da ANPA

na Sede do CRA a nosa atención ou través do correo anpavolvoreta@hotmail.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario