luns, 7 de novembro de 2011

HOMENAXE A MARÍA BARRO


O mes pasado, tódala comunidade educativa xuntouse para rendir unha emotiva homenaxe á nosa compañeira falecida María González Agualevada, xa hai un ano e medio: alumnos/as, familias, mestres/as, e autoridades do Concello e da Consellería estaban presentes;
Na escola puidemos ver un fermoso mural de azulexos cerámicos realizado durante meses polos alumnos/as do noso colexio e os seus e mestres/as. Foi un duro traballo, pero feito con moito cariño e amor como quedou refrexado nas obras de Arte.

Tamén escoitamos unhas preciosas palabras de compañeiros e un bonito poema , así como unha peza de música.

Un día emocionante, onde os sentimentos de amor e tristeza pola súa desaparición volveron brotar.









Ningún comentario:

Publicar un comentario