martes, 19 de novembro de 2013

" CHEGAN SORPRESAS A NOSA BIBLIOTECA"

Hola familias:
A biblioteca do Cra pon en marcha unha iniciativa para premiar a asistencia dos nenos/as máis lectores. A partir de agora, contamos cunhas caixas e maletíns sorpresa moi especiais. Cada neno/a poderá lever un deles cando faga cinco visitas á nosa biblioteca. O préstamo dos maletíns e das caixas será de quince días.
Lembrámosvos o horario da nosa biblioteca: luns, mércores e xoves de 16 a 18 horas.
Agardamos a vosa visita.
 
 
 

1 comentario: