domingo, 17 de febreiro de 2019

Semana de "CREARTE"

Durante esta pasada semana, fomos pasando pola escola de Vilameán (Aula creativa) todas as escolas en pequenos grupos para realizar as convivencias de "Crearte".
Este trimestre, ademáis de convivir e compartir experiencias, tivemos unha charla sobre "compostaxe" e creamos con barro individualmente, coa intención de que noutra vindeira sesión realicemos esculturas conxuntas e pintemos.
Aprendemos un montón e pasámolo xenial. Xa estamos á espera nas escolas da posta en marcha dos composteiros.




Ningún comentario:

Publicar un comentario